familia de Amparo Varela Ron

Biografía de Amparo Varela Ron

Mª AMPARO VARELA RONnacida en Toques, o día 17 de xullo de 1916, filla de Benito e Carolina, neta de José Varela e María Otero, por parte paterna e por parte materna de  de Domingo Ron e María Mato. Foi a oitava de once irmaos.

Casou con Saturno Buján Ares e tiveron catro fillos: José Benito, Antonio Salvador, Jorge Horacio e Miguel Ángel Buján Varela. Destes catro fillos, dous (Jose Benito e Jorge Horacio) faleceron moi novos xa que padeceron, dende o seu nacemento, unha grave minusvalía que lles impediu toda clase de movemento e actividade).

De Mª AMPARO pódese decir que na época en que lle tocou vivir xa foi unha muller emprendedora.

De moi nova xa exerceu como mestra substituta nas escolas de Brañas e de Souto. Non soamente facía as funcións propias do ensino lectivo senón que tamén ensinou a moitas mulleres labores de cociña, costura e decoración, nas cales xa foi moi innovadora naquel tempo asi como unha exquisita educación cívico social, que moitas persoas lembran no día de hoxe.

Tamén ensinou a moitos mozos a escribir e tamén as catro regras básicas de matemáticas para que puidesen ir o servizo militar un pouco preparados. A outros pola contra era ela quen lles escribia as cartas tanto ós familiares ou mesmamente ás mozas.

Incluso foi emprendedora, xa que xuntamente con unha irmá, ámbalas dúas, tiveron unha tenda, na casa natal, de teas e costura.

Sempre tivo unha especial sensibilidade cara á problemática social da súa época. Alí onde habia carencias (que eran moitas) e problemas sociais ou de abandono, de soidade, etc,  cando podía acudía na procura de axuda, a pesares da súa propia problemática familiar.

Toda a súa vida de traballo e compromiso transcurriu no concello do seu nacemento: TOQUES.

Xa de moi nova unha terrible enfermidade daquela época, levouna a ingresar no hospital da Choupana (Santiago) por un longo período de tempo. Durante a súa  enfermidade non deixou de atender á súa familia e o mesmo tempo seguiu co seu labor de carácter social e de compromiso cós máis necesitados.

Finalmente a idade de 49 anos faleceu o día 3 de maio de 1966 causando unha gran tristura en toda a familia e contorna…

Do sentir xeral de moitas persoas que a coñeceron e que conviviron con ela pódese dicir que foi unha muller excepcional.

Por iso, na súa lembranza e o poder continuar dalgunha maneira o seu labor de compromiso coa problemática social, máis vixente ca nunca hoxe en día, constitúese esta fundación que leva o seu nome para seguir prestando, se cabe, un servizo á sociedade tal como a ela lle houbese gustado.

Na esperanza de unha boa acollida desta iniciativa, agardamos poder contribuir, dalgún xeito, a manter vivo o espíritu da vida no rural, con actos e pegadas positivos que axuden ás persoas e colectivos máis vulnerables.